Buscador: Versión en Castellano  
BENVIDO         Esta Semana Resaltamos:
CULTURA
NOVAS Aula de Informática
MAPA DO CONCELLO Biblioteca
SITUACIÓN E DESCRIPCIÓN Banda de Música
Relevo Escola de Música
Hidrografía Grupo de Teatro
Clima URBANISMO
Vexetación MEDIOAMBIENTE
Paisaxe
DEPORTES
Poboación e Hábitat Instalacións
Parroquias e Aldeas         O Que Esta Pasando En Lousame... Actividades
Economía Hípica
HISTORIA Reserva do Pavillón
A Historia Figuras do deporte
Minas de San Finx SANIDADE
Mosteiro de San Xusto Centro Médico
Cura de Fruíme Concellos Saudables
PATRIMONIO EDUCACIÓN
Restos Arqueolóxicos Colexio de A Silva
Arquitectura Relixiosa *Amósanse as novas correspondentes ós últimos 30 días Escola de O Sanguiñal
Arquitectura Popular         Actividades De Cultura A Destacar... Educación de adultos
Arquitectura Civil P.A.I
TURISMO E LECER SERVICIOS SOCIAIS
Turismo ASOCIACIÓNS
Festas e Romarías Como crear unha Asociación
Rutas de Sendeirismo Asociacións de Veciños
Aloxamento Asociacións de Amas de Casa
Onde comer Asociacións de Montes
DESCARGAS Outras Asociacións
Documentación GALERIA ACTIVIDADES
Outras CONTACTA CON NOS
O CONCELLO XUVENTUDE (O.I.X.)
Equipo de Goberno TECNICO DE EMPREGO
Servicios Municipais
METEOROLOXÍA
I.N.M.
Meteogalicia
Algunhas fotos do concello
Servicio Galego de Saude
TABOLEIRO DE ANUNCIOS:

Recibe no teu correo todas as novas

Convocatoria de axudas na Iniciativa Xove
Data deste anuncio: 16/04/2014 Departamento: Mocidade
O DOG do 15 de abril publica as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, un programa posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e que consiste nunha liña de axudas pensada para que os mozos e mozas poidan desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade. Máis información.

Pódese participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas. As actividades serán planificadas e desenvolvidas por propios mozos/as, fomentando sempre a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través de proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades. Estes proxectos irán dirixidos á mocidade da nosa comunidade autónoma e poderanse desenvolver dende o 1 de xaneiro ao 14 de outubro.

Prazo de presentación de solicitudes: un mes. Nestes últimos anos varios grupos de mozos e mozas desenvolveron diferentes proxectos de iniciativa xove en Lousame. Para máis información poden pasar pola OMIX de Lousame ou en www.xuventude.net.


Subvencións a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia
Data deste anuncio: 15/04/2014 Departamento: Deportes
O DOG de hoxe publica a Resolución do 27 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, e pola que se procede á súa convocatoria. Máis información.

Curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas
Data deste anuncio: 15/04/2014 Departamento: Formación
O DOG de hoxe publica a Resolución do 3 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas. Máis información

Axudas destinadas á mellora e implantación de sistemas de rastrexabilidade en entidades asociativas do sector hortofrutícola
Data deste anuncio: 15/04/2014 Departamento: Medio Rural
O DOG de hoxe publica a Orde do 3 de abril de 2014 da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas destinadas á mellora e implantación de sistemas de rastrexabilidade en entidades asociativas do sector hortofrutícola e se convocan para o ano 2014. Máis información.

Obradoiro sobre emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio
Data deste anuncio: 14/04/2014 Departamento: Formación
AGACA e a Cámara de Comercio de Santiago organizan do 6 ao 19 de maio un obradoiro de emprendemento cooperativo no que explicarán cómo iniciar un negocio rural. O curso terá lugar no Centro da Rede Eusumo “Cámara de Comercio de Santiago” (Viveiro de Empresas-Pol. Costa Vella. Santiago de Compostela).A inscrición gratuíta a través do correo electrónico agaca@agaca.coop ou dos teléfonos 981 584 783 / 981 584 911. Consulta o programa do curso.

Esta iniciativa está dirixida a todos os interesados que queiran iniciar un negocio no rural e enmárcase na Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, impulsada dende a Consellería de Traballo e Benestar. O principal obxectivo do curso é impulsar a creación de emprego estable no medio rural mediante o cooperativismo.

A matrícula está aberta a todas aquelas persoas interesadas, especialmente a mozos e mulleres, con espírito emprendedor e ganas de aprender. Cun formato moi participativo, o “Obradoiro sobre emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio” abarcará cuestións como a xeración e maduración de ideas, a elaboración dun plan de empresa cooperativo, o marketing empresarial e as distintas axudas públicas dispoñibles.

Ademais exporanse casos reais de iniciativas empresariais de éxito no ámbito rural que sirvan de estímulo aos participantes. O equipo docente está integrado por técnicos de diversas áreas da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias. Esta acción formativa desenvólvese no marco da Rede Eusumo, unha iniciativa de intercooperación impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar para o fomentar o espírito emprendedor no ámbito local, comarcal e transfronteirizo prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social, no territorio de actuación.


Axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura
Data deste anuncio: 11/04/2014 Departamento: Mar
O DOG de hoxe publica a Orde do 4 de abril de 2014 da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo de Pesca nun 75 %, e se convocan para o exercicio 2014. Máis información.

Fomento do cooperativismo e a economía social
Data deste anuncio: 11/04/2014 Departamento: Emprego
O DOG de hoxe publica a Orde do 3 de abril de 2014 da Consellería de Traballo e Benestar pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de apoio ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, cofinanciados parcialmente co FSE, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014. Máis información.

Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios
Data deste anuncio: 08/04/2014 Departamento: Agro
O DOG de hoxe martes publica a Orde do 27 de marzo de 2014 da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2014. Máis información.

subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes
Data deste anuncio: 04/04/2014 Departamento: Protección Civil
O DOG de hoxe pulbica a Orde do 27 de marzo de 2014 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes ou mancomunidades, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014. Máis información.

Contías máximas das libranzas na Dependencia
Data deste anuncio: 02/04/2014 15:19:00 Departamento: Dependencia
O DOG de hoxe publica unha modificación do regulamento do procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. Consulta aquí as contías máximas das libranzas.

Axudas a universitarios que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos
Data deste anuncio: 02/04/2014 Departamento: Educación
O DOG de hoxe publica a Orde do 20 de marzo de 2014 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se establece o procedemento de concesión de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios no curso académico 2013/14 nas universidades do Sistema universitario de Galicia que, por causa sobrevida ou imprevista, teña dificultades económicas para continuar estudos. Máis información.

Axudas complementarias ás do Programa Erasmus e Suíza, destinadas a alumnos que cursen ensinanzas artísticas superiores
Data deste anuncio: 02/04/2014 Departamento: Educación
O DOG de hoxe publica a Orde do 21 de marzo de 2014 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se aproban as bases e se convocan axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2013/14. Máis información.

Subvencións a investimentos no ámbito da acuicultura
Data deste anuncio: 02/04/2014 Departamento: Pesca
O DOG de hoxe publica a Orde do 24 de marzo de 2014 da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a investimentos no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo de Pesca nun 75%, e se convoca para o exercicio 2014 o devandito procedemento. Máis información.

Subvencións ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario
Data deste anuncio: 01/04/2014 Departamento: Sanidade
O DOG de hoxe publica a ORDE do 21 de marzo de 2014 da Consellería de Sanidade pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario. Máis información.

Axudas a entidades privadas sen ánimo de lucro para programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados
Data deste anuncio: 01/04/2014 Departamento: Sanidade
O DOG de hoxe publica a ORDE do 21 de marzo de 2014 da Consellería de Sanidade pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias de Galicia. Máis información.

Axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero
Data deste anuncio: 28/03/2014 Departamento: Igualdade
O DOG de hoxe publica unha Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se regulan as bases para a concesión das axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero e se procede á súa convocatoria para o ano 2014. Máis información.

A Xunta oferta 8.268 prazas nos campamentos de verán para mozos e mozas de 9 a 17 anos
Data deste anuncio: 26/03/2014 Departamento: Mocidade
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de convocatoria para os campamentos, dirixidos a mozos e mozas de entre 9 e 17 anos, e cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o 10 de abril. A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ofertará este ano un total de 8.268 prazas na campaña de verán. Bases e descarga de impresos. Consulta a web de Xuventude para máis información.

Subvencións para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite
Data deste anuncio: 25/03/2014 Departamento: Novas tecnoloxías
O DOG de hoxe martes 25 de marzo publica a Resolución do 14 de marzo da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pola que se convocan subvencións para o ano 2014, en concorrencia non competitiva, para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión. O obxecto destas subvencións é mellorar o acceso das zonas rurais ás modernas tecnoloxías da información e a comunicación. Máis información.

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2014
Data deste anuncio: 17/03/2014 Departamento: Familia
O DOG de hoxe luns 17 de marzo publica as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2014. Máis información.

O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días naturais, contados a partir do martes 18 de marzo, e deberán entregarse:
- preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es)
- tamén poderán presentarse solicitudes en soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de enviarse por correo postal, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.


Convocadas as probas para obter os CELGA 1, 2, 3 e 4
Data deste anuncio: 12/03/2014 Departamento: Formación
O DOG publica a Resolución do 6 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Política Lingüística , pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2014.O prazo para presentar as solicitudes remata o día 11 de abril. Máis información e descarga de impresos.

Subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil
Data deste anuncio: 10/03/2014 Departamento: Formación e emprego
A Consellería de Traballo e Benestar convoca subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil. Máis información.

Serán subvencionables os proxectos de acción voluntaria presentados por entidades de acción voluntaria e entidades locais sempre que a dita acción voluntaria se desenvolva por mozos/as de idades comprendidas entre os 18 e 30, ou de 16 a 18 anos con autorización do pai/nai ou titor/a legal e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, prioritaria pero non exclusivamente nalgunha das seguintes áreas:
– Actividades relacionadas co Camiño de Santiago.
– Actividades de recuperación da cultura/arte/tradicións populares galegas.
– Actividades con colectivos en situación de risco.
– Actividades xuvenís.
– Actividades ambientais.
– Actividades relacionadas coa igualdade de xénero.


Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014
Data deste anuncio: 10/03/2014 Departamento: Formación
O DOG de hoxe luns 10 de marzo publica a orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014. Máis información.

V CONCURSO DE VIÑETAS “¿DÁ IGUAL? IGUAL NON DÁ”
Data deste anuncio: 07/03/2014 Departamento: Cultura
A Deputación da Coruña convoca a quinta edición do concurso de viñetas “¿Dá igual? Igual non dá”, dedicado este ano á identificación de desigualdades por razón de xénero no ámbito educativo e propostas para o cambio. Podes participar ata o 8 de abril. Máis información.

Curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas (Ames)
Data deste anuncio: 05/03/2014 Departamento: Formación
O DOG de hoxe mércores 5 de marzo publica a Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas. Son 30 prazas e terá lugar no INTEC (avenida da Mahía, nº 106, baixo, Bertamiráns - AMES) nos meses de marzo e abril. Máis información.

Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades
Data deste anuncio: 04/03/2014 Departamento: Medio Rural
O DOG de hoxe publica a Orde do 21 de febreiro de 2014 da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais, e se convocan para o ano 2014. Máis información.

Convocatoria de bolsas de investigación 2014 da Deputación da Coruña
Data deste anuncio: 03/03/2014 Departamento: Formación
A Deputación da Coruña convoca un total de 18 bolsas de investigación, de 7.625 € cada unha. Máis información.

Convocatoria de bolsas para perfeccionamento de estudos artísticos 2014 da Deputación da Coruña
Data deste anuncio: 03/03/2014 Departamento: Formación
A Deputación da Coruña convoca 18 bolsas para perfeccionamento de estudos artísticos, de 8.950 € cada unha. Máis información.

Seminario formativo gratuíto “Paisaxes culturais: un valor clave para o turismo sostible”. Luns 10 de marzo, en Outes
Data deste anuncio: 25/02/2014 Departamento: Formación e emprego
A fundación Paideia Galiza celebrará o próximo luns 10 de marzo en Outes a segunda edición de “Paisaxes culturais, un valor clave para o turismo sostible”, un seminario formativo dedicado á valorización ambiental e paisaxística do patrimonio histórico como factor clave no desenvolvemento dun modelo turístico sostible. Podes consultar o programa do seminario pulsando neste enlace.

Trátase dun seminario gratuíto que está dirixido tanto a desempregados como a traballadores (residentes na comarcas de Barbanza, Sar, Muros ou Noia) e que estean directa o indirectamente relacionados co sector turístico, medio ambiental e do patrimonio. Máis información e inscricións na Fundación Paideia (981 817 000 ou paideia@paideia.es) ou na asociación de desenvolvemento local DELOA (981 22 39 27 ou deloa@deloa.es).

Esta acción formativa enmárcase no proxecto “Pórticos verdes”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo Adaptabilidade e Emprego 2007-2013 (que xestiona a Fundación Biodiversidade, entidade dependente do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño). Durante a xornada entregarase un exemplar da “Guía da Paisaxe cultural” e un Manual de boas prácticas de rehabilitación e arquitectura sostible, elaborados no marco deste proxecto.

Información e inscricións: FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA Lugar de la Esclavitud, s/n 15980 Padrón (A Coruña) Telf. 981 81 70 00 / 981 22 39 27 paideia@paideia.es / deloa@deloa.es www.deloa.es / www.paideia.es


Adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2014/15
Data deste anuncio: 21/02/2014 10:00:00 Departamento: Familia e Benestar
O DOG de hoxe publica a orde que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2014/15. Máis información.

A Deputación convoca os premios de narrativa, poesía, fotografía, artesanía, arte gráfico, banda deseñada e rock
Data deste anuncio: 20/02/2014 Departamento: Cultura
A Deputación da Coruña convocou hoxe os seus distintos premios culturais: o XXVI Premio de narrativa “Torrente Ballester”, o XVII Premio de poesía “Miguel González Garcés”, o XI Premio de creación fotográfica “Luis Ksado”, o X Certame de artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”, o IX Premio de arte gráfico “Jesús Núñez”, o IX Premio de banda deseñada “Castelao”e o VI Concurso de rock “Deputación da Coruña”. Máis información no BOP do 20 de febreiro.

Curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas
Data deste anuncio: 14/02/2014 Departamento: Formación
O DOG de hoxe venres 14 de febreiro publica unha Resolución do 3 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas. Terá lugar do 24 ao 27 de marzo na Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés (Cambados). Máis información.

Convocada a proba para a obtención do título de bacharelato para maiores de vinte anos
Data deste anuncio: 12/02/2014 Departamento: Educación
O Concello de Lousame informa de que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou a proba para a obtención do título de BACHARELATO para maiores de vinte anos nas modalidades de Ciencias e tecnoloxía, Humanidades e Ciencias sociais. Para participar é preciso ser maior de 20 anos (ou cumplilos no 2014) e non estar cursando bacharelato. A inscrición nestas probas será entre o 17 e o 28 de febreiro do 2014. no Centro EPA Eduardo Pondal (A Coruña) ou no IES San Clemente (Santiago de Compostela). Máis información.

Subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais
Data deste anuncio: 11/02/2014 Departamento: Economía e comercio
O IGAPE convoca as subvencións á apertura de novos establecementos comerciais. As axudas están dirixidas aos comerciantes retallistas (xa sexan persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas). O prazo de solicitude remata o 30 de xuño de 2014. Máis información.

Fegamp e Fondo Galego renovan o seu acordo de colaboración
Data deste anuncio: 06/02/2014 Departamento: Servizos Sociais
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Fondo Galego de Cooperación e Soliedariedade rubricaron esta mañá a renovación do seu acordo de colaboración. A firma protagonizárona os seus respectivos presidentes, José Manuel Rey Varela e Teresa París. É a terceira vez que ambas as entidades subscriben este convenio, tras as positivas experiencias dos anos 1988 e 2005.

En virtude deste acordo, a Fegamp pon a disposición do Fondo Galego as súas instalacións e as súas capacidades para converter aos concellos “nun punto de encontro da cooperación internacional”. A día de hoxe, o Fondo Galego converteuse na rede sectorial máis numerosa do municipalismo galego, baseada nun modelo cooperativo de éxitos contrastados, e constituiuse como un instrumento ao servizo da acción exterior de Galicia. Para a Fegamp, a existencia do Fondo Galego ten un papel esencial como axente de sensibilización en Galicia sobre as desigualdades existentes a nivel mundial, colocando na axenda municipal galega a defensa e promoción dos Dereitos Humanos, ao tempo que promove proxectos de desenvolvemento nos países empobrecidos.

Para José Manuel Rey Varela, “hai concellos que, ademais de preocuparse dos seus problemas, elevaron esa responsabilidade un pouco máis aló, até tomar conciencia de que se en Europa estamos a pasalo mal, que non estará a pasar en países con máis dificultades para o seu desenvolvemento”. En consecuencia, animou “a todos aqueles que non están presentes no Fondo a que dean ese paso, implicándose na maneira que lles sexa posible e que lle permitan os seus recursos”, porque “cun pouco de todos alcanzaremos un moito para algún”. “A crise non pode servir de escusa para deixar de apoiar a quen máis o seguen necesitando”, rematou.

Pola súa parte, Teresa París agradeceu a colaboración da Fegamp e salientou “o valor do Fondo como axencia do municipalismo galego en materia de cooperación internacional, un servizo público mancomunado que promove a solidariedade global desde o local”. Ao tempo, apuntou que “o sistema de cotas mínimas permite a todos os municipios, grandes e pequenos, contribuír á erradicación da pobreza extrema e á promoción da xustiza social”.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 90 Concellos e as Deputacións da Coruña e Lugo. Ata o momento, ten desenvolvido uns 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.


O Fondo Galego organiza doce encontros dixitais para avaliar os Obxectivos do Milenio
Data deste anuncio: 04/02/2014 Departamento: Cultura
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organizará unha ducia de encontros dixitais con expertas e expertos nos distintos temas que abordan os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Baixo o epígrafe ‘Alén 2015’, as citas online programaranse unha vez ao mes para reflexionar sobre as metas fixadas polos Estados membros da ONU para 2015 en ámbitos como a erradicación da pobreza, o ensino universal, a igualdade de xénero, a saúde ou o medio ambiente. Nestes espazos de debate buscarase ir máis alá, pensando nas definicións da axenda da axuda internacional a partir do vindeiro ano.

O cofundador do Observatorio da Débeda na Globalización, David Llistar (@Superllisti), foi o convidado no primeiro dos encontros dixitais, que tivo lugar o venres 31 de xaneiro entre as 12 e as 14 horas co título ‘Anticooperación, outra perspectiva da axuda humanitaria’. As e os internautas puideron participar na entrevista en directo a través dos perfís de Facebook (facebook.com/FondoGalego), no post específico do encontro, e do @FondoGalego en Twitter (twitter.com/FondoGalego), co hashtag #EncontroLlistar. As preguntas tamén puideron formularse previamente nas redes sociais ou no enderezo fondogalego@gmail.com.

O autor do libro ‘Anticooperación. Interferencias Norte-Sur’, respondeu as dúbidas das usuarias e usuarios, co obxectivo de profundar neste concepto e denunciar a súa práctica. Ao tempo, demostrou que existe outra forma de tender lazos cos países empobrecidos, de xeito descentralizado, establecendo acordos con parceiros do Sur. Deste xeito, ponse en valor a cooperación a través de proxectos que funcionan, na súa medida, pero cuxos resultados poden verse arrasados por elementos estruturais de anticooperación.

Os encontros dixitais ‘Alén 2015’ constitúen unha das múltiples actividades incluídas no Plan 2014 ‘Os Obxectivos do Milenio: Fin... e principios’ do Fondo Galego de Cooperación, aprobado onte pola Comisión Executiva. Intégranse asemade nunha aposta pola comunicación online e servirán de previo ás Xornadas de Cooperación que analizarán o balance, alternativas e resultados dos ODM.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 90 Concellos e as Deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido uns 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.


Subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial
Data deste anuncio: 24/01/2014 Departamento:
O DOG do 24 de xaneiro publica a Resolución do 30 de decembro de 2013 da Axencia Galega de Innovación pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C INN), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN848A).Máis información.

Axudas a proxectos colectivos de acondicionamento mariño e rexeneración, financiados polo FEP, que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros
Data deste anuncio: 23/01/2014 Departamento: Pesca
O DOG do 23 de xaneiro publica a Orde do 30 de decembro de 2013 da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2014, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos de acondicionamento mariño e rexeneración, financiados polo FEP, que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan de forma sustentable a mellorar a xestión e conservación dos recursos mariños vivos. Máis información

Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral
Data deste anuncio: 22/01/2014 Departamento: Emprego
O DOG do 22 de xaneiro publica a Orde do 14 de xaneiro de 2014 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.Máis información

Axudas ás pemes para actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental
Data deste anuncio: 20/01/2014 Departamento: Emprego
O DOG do 20 de xaneiro de 2014 publica a Orde do 23 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2014. Máis información.

Bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego
Data deste anuncio: 14/01/2014 Departamento: Formación
O DOG do 14 de xaneiro publica a Orde do 23 de decembro de 2013 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego. Máis información .

Proxecto Práxide, estancias formativas de 12 semanas en Alemaña
Data deste anuncio: 27/12/2013 Departamento: Emprego
A Deputación da Coruña informa da posta en marcha do Proxecto Práxide, unha iniciativa de inserción laboral dirixida a mozos/as entre 18 e 30 anos aprobado dentro da convocatoria do Programa Leonardo da Vinci. Máis información.

PRAZAS DE ASISTENCIA CONTINUA OU PUNTUAL NO SERVIZO “LOUSAME CONCILIA”
Data deste anuncio: 27/11/2013 Departamento: Servizos Sociais
O Concello de Lousame lémbralles ás familias interesadas que existen prazas de asistencia continua ou puntual no servizo “Lousame Concilia” para este curso 2013/2014. “Lousame Concilia” é un servizo de atención e coidado de menores que o Concello oferta en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade e co Fondo Social Europeo. A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade e levarase a cabo nas instalacións do CPI Cernadas de Castro nas horas previas ao horario escolar, é decir, de luns a venres, dende as 7:45 ata as 9:45horas. Na modalidade de asistencia puntual, as familias poden chamar ao teléfono 609 828 853 e reservar a praza para o día que necesitan deixar ao seu fillo ou filla na escola antes do horario lectivo. Máis información nos Servizos Sociais municipais, teléfono 981 820 494.

MARISQUEO A PÉ
Data deste anuncio: 21/11/2013 Departamento:
A Consellería do Medio Rural e do Mar vén de facer pública a RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se aproba o baremo para obter o permiso de explotación para o marisqueo a pé. Máis información

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Data deste anuncio: 16/10/2013 12:00:00 Departamento:
DO 10 DE OUTUBRO pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
Data deste anuncio: 16/10/2013 12:00:00 Departamento:
PUBLICACIÓN DO DOG NUM. 196 da ORDE do 4 de outubro pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 24 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións e a súa certificación externa, e se convocan para o ano 2013

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Data deste anuncio: 16/10/2013 12:00:00 Departamento:
PUBLICACIÓN NO DOG NUM. 196 DA ORDE do 1 de outubro de 2013 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2014

RECICLAXE ACEITE USADO
Data deste anuncio: 26/04/2013 19:00:00 Departamento:


BANCO DE TAPONS DO BARBANZA
Data deste anuncio: 12/04/2013 18:40:00 Departamento:
O Concello de Lousame colabora co Banco de Tapóns do Barbanza cos seguintes puntos de recollida: Casa do Concello, Casa da Cultura, Locales sociais (Escabia, Cruido, Camboño,Lesende, Merelle), Polideportivo Municipal, CPI Cernadas de Castro, Clube de Xubilados, Panadería M. Ourille (Ardeleiros), Parrillada Miguel (Escabia) e, colaboración de Protección Civil de Lousame. Acude a calquera destes puntos a depositar os teus tapóns e colabora!

LOUSAME CONCILIA
Data deste anuncio: 11/09/2012 11:45:00 Departamento:
Un ano máis o concello de Lousame ofrece o servicio CONCILIA para todas aquelas familias que o necesiten ao longo do curso escolar, infórmate en Servicios Sociais do concello.

Foto Roteiro Lousame
Data deste anuncio: 16/08/2012 9:56:00 Departamento:
Obradoiro de Fotografía os días 20, 21 e 22 de agosto, de 20.00 a 22.00 na Casa da Cultura de Lousame, a cargo de Foto Pichero. Apúntate xa!

EDUCACIÓN DE ADULTOS
Data deste anuncio: 30/05/2012 8:30:00 Departamento: Cultura
Actividade subvencionada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ó abeiro da Orde do 16 de decembro de 2011 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación de adultos durante o ano 2012 (D.O.G. nº 245, de 26 de decembro de 2011)Información nos números 981842036 (OIX) e 981825780 (Casa da Cultura)


LOUSAME RECICLA
Data deste anuncio: 16/02/2012 21:00:00 Departamento:

RECOLLIDA DE ACEITE VEXETAL DOMESTICO USADO POR FAVOR, NON TIRES EN CALQUERA SITIO O ACEITE DE COCIÑA (OLIVA, XIRASOL...) DEBE LEVARSE ÓS LUGARES DE RECOLLIDA ADECUADOS, EXISTENTES NAS PARROQUIAS QUEREMOS FACER AS COUSAS BEN, PORQUE É IMPORTANTE PARA A SAÚDE, POLO MEDIOAMBIENTE, E PARA O BO FUNCIONAMENTO DAS DEPURADORAS

  • Parroquia de Fruíme Local da Escola da Escabia Sábados, de 19 a 22 h
  • Parroquia de Lousame Casa da Cultura de Portobravo Luns a venres, de 9 a 13 h
  • Parroquia de Fruíme Local de Aldariz Sábados, de 10 a 13:30 h
  • Parroquia de Tállara Local Social de Merelle Luns a venres, de 16 a 22 h
  • Parroquia de Vilacova Local Social Luns, de 18 a 19 h
  • Parroquia de Lesende Local Social de Cabanetán Sábados, de 10 a 13:30 h
  • Parroquia de Camboño - Local Social Martes e mércores, de 10 a 11 h
  • Concellería de Medioambiente www.concellodelousame.com LOUSAME RECICLA.

    PARA A RECOLLIDA PUNTUAL DE CERTOS RESIDUOS Ó LADO DOS CONTENEDORES, POR FAVOR PÓÑASE SEMPRE EN CONTACTO COA MANCOMUNIDADE DO BARBANZA EN HORARIO DE LUNS A VENRES, de 10 a 14 hrs. NOS TELÉFONOS: 981 191 240 ou 638 107 638 SI QUERE BOTAR ALGÚN TIPO DE ENSER QUE NON SEXA BASURA ORGÁNICA DOMÉSTICA: PAPEL, ROUPA, CALZADO, COLCHÓNS, MOBLES, PILAS, PLÁSTICOS, FERROS, ESCOMBRO, RODAS, BATERÍAS, LÁMPARAS... NON O TIRE EN CALQUERA SITIO E AVISE ANTES DE DEPOSITALO Ó LADO DUN CONTENEDOR! LEMBRÁMOSLLE QUE A PRANTA DE COMPOSTAXE DE SERVIA ESTÁ A DISPOSICIÓN DOS USUARIOS QUE QUEIRAN LEVAR DIRECTAMENTE OS ENSERES, EN HORARIO DE LUNS A VENRES, de 10 a 14 hrs. QUEREMOS FACER AS COUSAS BEN, PORQUE É IMPORTANTE PARA A SAÚDE, POLO MEDIOAMBIENTE, E PARA O BO FUNCIONAMENTO DO SERVIZO Concellería de Medioambiente www.concellodelousame.com

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Data deste anuncio: 14/02/2012 19:00:00 Departamento:

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede que integra na actualidade as 4 Deputacións e a 94 Concellos galegos, entre eles o Concello de Lousame. Esta unión de esforzos permítelles ás Administracións socias, aboando unha modesta cota, participar en iniciativas de cooperación ao desenvolvemento, que a maioría non poderían impulsar por separado. Trabállase principalmente en dúas áreas: Proxectos e Sensibilización. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido 142 proxectos en máis de 20 países, e nestes intres apóianse actuacións en Cabo Verde, Nicaragua e Haití. En canto ás actividades de sensibilización para concienciar a sociedade galega sobre os desequilibrios Norte-Sur, póñense a disposición das Deputacións e Concellos socios diversas exposicións, contacontos, publicacións, filmes, etc. A rede de persoal político e técnico que se encarga das relacións co Fondo Galego de Cooperación en cada unha das Administracións socias e un valioso instrumento dinamizador á hora de implementar todas estas propostas, e tamén á hora de visibilizar o labor da entidade. Para coñecer máis de preto este traballo, do que o Concello de Lousame fai parte, e axudar a difundilo, pódese:

  • navegar no web www.fondogalego.org
  • darlle a Gústame, compartir e comentar en www.facebook.com/pages/Fondo-Galego-de-Cooperación-e-Solidariedade/131681540242608
  • colocar no web os logotipos http://fondogalego.org/web/imaxecorporativa
  • visionar os vídeos en http://www.youtube.com/user/fondogalego
  • escoitar o programa de radio ‘Voces con Fondo’ en http://www.agareso.org/es/ag-radio
  • distribuír os boletíns ‘Infórmate a Fondo’, e outras publicacións, dispoñibles no Concello
  • participar nas actividades do Fondo Galego que organice o Concello

SERVIZO DE COMUNICACIÓN Carmen Novas 616 145 077 comunicacion@fondogalego.org



LOUSAME CONCILIA
Data deste anuncio: 25/01/2012 18:56:00 Departamento:

PRAZAS DE ASISTENCIA PUNTUAL NO SERVIZO “LOUSAME CONCILIA”

O Concello de Lousame lémbralles ás familias interesadas que existen prazas de asistencia puntual no Servizo “Lousame Concilia” neste curso 2011/2012. Este é un servizo de atención e coidado de menores que o Concello oferta coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade e do Fondo Social Europeo. Lévase a cabo durante o curso nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, nas horas previas ao horario escolar, de luns a venres, dende as 7:45h ata 9:45h. Está dirixido a nenos/as de 3 a 12 anos. Na modalidade de asistencia puntual as familias poden chamar ao teléfono do servizo 609.828853, e reservar a praza para o día que necesitan deixar ao seu fillo/a na escola antes do horario lectivo.

Máis información nos Servizos Sociais municipais, no teléfono 981.820494.:



O CONCELLO NAS REDES SOCIAIS
Data deste anuncio: 27/04/2011 1:37:00 Departamento:

O Concello de Lousame quere acercarse cada vez mais os seus cidadans, polo que a partir do 27 de Abril o Concello da o salto as redes sociais. Podedes encontrarnos xa no facebook e en twitter nas seguintes direccións:

Esperamos deste xeito poder acercarnos a todos de forma mais próxima e que coñezades todas as noticias do Concello dende todos os medios.



RUTA MINAS DE SAN FINX
Data deste anuncio: 16/03/2011 19:17:28 Departamento:

Ruta das Minas de San Finx

Dende o departamento de Deportes do Concello de Lousame queremos acercarvos o track para GPS da Ruta das Minas de San Finx. nos seguintes enlaces podedes descargalos (en formato GPX e KML) para poder introducilo no GPS e nalgúns teléfonos con esa tecnoloxía (iphone, blackberry, htc...) e dese xeito vos sexa mais sinxelo realizar a Ruta.

Por ultimo deixamosvos a referencia do track no Google Maps en forma de imaxen. Se pinchades enriba dela, agrandarase.

Tracks



VISITAS GUIADAS ÁS MINAS DE SAN FINX
Data deste anuncio: 25/01/2011 16:28:00 Departamento:

VISITAS GUIADAS ÁS MINAS DE SAN FINX

- Para facer visitas guiadas ao Centro de Interpretación e edificios do poboado das Minas de San Finx, chamar ao teléfono do concello de Lousame 981 820 494. Preguntar por Mª José.



SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Data deste anuncio: 16/08/2010 9:00:00 Departamento: Servizos Sociais

O Concello de Lousame a través da sua Concellería de Servizos Socias oferta o Servizo de Axuda no Fogar.

Este programa ten por obxecto proporcionar no domicilio das persoas que o precisen, unha serie de atencións de carácter doméstico, social, psicolóxico e rehabilitador. Se necesitan axuda para atencións e coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo ou doméstico e así continuar no seu entorno podense poñer en contacto cos Servizos Sociais do Concello no teléfono 981 820 494.



SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Data deste anuncio: 13/04/2010 17:00:00 Departamento: Servizos Sociais

No apartado Descargas/documentación da nosa páxina web poderán atopar os impresos necesarios para a Solicitude do Servizo de Axuda no fogar.

 



Praza Teodomiro Hidalgo-Portobravo (Lousame) - A Coruña | Teléfono: 981820494

Páxina optimizada para visualizar en Internet Explorer 8 e Mozilla Firefox
Tódolos dereitos reservados. Queda prohibida a reprodución total ou parcial deste sitio sen o permiso expreso do Concello de Lousame